 |
|
|
 |
O municipio
do Bolo forma parte da Comarca de Valedoras e atópase
situado ó suroeste da devandita comarca. Limita:
Ó N. cos municipios de Petín
e Larouco
Ó S. co municipio de Viana do Bolo
Ó E. co municipio da Veiga
Ó Ou: co municipio de Manzaneda
Está adscrito ó partido xudicial de Trives e eclesiásticamente
pertence á diocese de Astorga.
Comprende unha superficie aproximada de 91,17 Km., e unha poboación
distribuída en pobos de tamaño variable entre os
que destaca a capital municipal O Bolo centro básico de
servizos. Así este municipio distribúese en dezaoito
parroquias ou vinte e oito pobos: O Bolo, Buxán, Tuxe,
Cambela, Valdanta, Celavente; Chandoiro, Chaodocastro, As Ermitas,
Fornelos, Lentellais, Paradela, San Martiño, Santa Cruz,
O Seixo, Teixido, Vilaseco, Xava, Chaodasnonas, Celeirós,
O Vao, san Pedro, Outardepregos, Aceveda, Barxa, Valbuxán,
Xorxais e A Rigueira.
O seu relevo é na súa mayor parte, montañoso
e accidentado, destaca unha depresión e unha unidade de
máis altura no lado oeste, Situado este municipio entre
a vertente oriental do río Bibei e a conca do río
Xares, na denominada Depresión do Bolo, que separa o macizo
de Manzaneda das Serras de Trevinca e Segundeira, alcanzando ao
norte elevacións superiores aos 1200m na Fraga de Ramalla.
A súa rede hidrográfica articúlana os mencionados
río Bibei, o cal serve de límite entre os municipio
do Bolo E Manzaneda, que aproveitou este río para a construción
do encoro do Vao, situado en Viana do Bolo; devandito río
non recibe ningún caudal importante ata o termo de Chandoiro,
onde acolle as augas do río Xares.
Pola súa banda o río Xares dá lugar á
construción dos encoros de Prada e Santa Eulalia; este
último entre o límite de la Vega e O Bolo.
En canto á economía no municipio do Bolo, sobresaen
as actividades agropecuarias tradicionais asociadas á agricultura
e a gandería. Trátase de cultivos minifundistas,
que ó irse abandoando progresivamente a agricultura de
subsistencia increméntase a dedicación á
gandería de orientación cárnica; sobresaíndo
o gando bovino, caprino e vacún. Esta é a razón
principal de que prados e pastos ocupen a maior parte da superficie
agraria útil.
Hai que destacar o sector vitícola pertencente á
DO Valedoras; e pola abundancia do castiñeiro neste municipio,
a castaña é un producto moi apreciado e é
vendida para a súa comercialización.
En segundo lugar o sector terciario é o máis importante;
a pesar de que tanto as actividades comerciais como de servizos
públicos están escasamente desenroladas pola dependencia
e proximidade de núcleos de poboación tales como
A Rúa, O Barco de Valedoras, Viana do Bolo e Trives.
O seu principal eixo viario é a estrada comarcal C-533
A Gudiña-Petín, onde un lado enlaza coa A-52 e por
outro coa N-120.
|
|