Gastronomía

Gastronomía

O principal atractivo da gastronomía galega é a súa variedade, ata tal punto que costa traballo dicir cal é o prato típico da rexión. Pero se hai algo común a todos sería unha forma de cociñar familiar e cariñosa, artesanal, pausada, abundante e variada. Un mesmo produto prepárase de múltiples xeitos e en cada lugar ten un distinto sabor. Poderíase dicir que a cociña galega é unha cociña clásica, no sentido que si lle dá a esta palabra na historia da arte, porque acada o chisco da súa beleza cos elementos máis sinxelos e naturalmente combinados.

O lacón con grelos é unha das comestas máis típicas durante os meses fríos, desde San Martiño, a primeiros de novembro, ata o martes de entroido. Ademais do lacón cocido e os grelos enteiros, engádense patacas e chourizo.

As empanadas merecen capitulo aparte. Fanse de todo e todo pode meterse dentro da empanada.

A exquisita elaboración da repostaría como as filloas ou os almendrados, típicos do pobo de As Ermitas, que constitúen o máis orixinal e agradable sobremesa que se pode saborear na nosa terra. Como noutras comarcas do interior galego, a carne ten especial relevancia no aspecto gastronómico. Os chourizos, androllas e mai-los demais derivados do porco, conforman un dos pilares fundamentais da gastronomía da zona.

A castaña non é só un dos produtos típicos do Bolo senón de toda a Comarca de Valdeorras, sendo unha das súas produccións máis importantes. Todos os derivados do porco teñen un lugar privilexiado na gastronomía típica do Bolo: chourizo doce ou picante, carne adobada con pemento, androlla…churrasco… Polbo á feira…Esta é a forma máis típica de preparar o polbo en Galicia. Tanto é así que a este prato se coñécelle no resto de España como polbo á galega. Non hai reunión, romería ou feira (feira) que se precie, en calquera cidade, pobo ou aldea de Galicia que non conte co seu lugar para comer bo polbo.

O polbo á galega (denominado como Polbo á feira) é un prato tradicional de Galicia, e básico na súa gastronomía, aínda que o seu consumo xeneralizouse por toda España. Trátase dun prato festivo que está presente nas festas e romerías de Galicia, de aí o seu nome "á feira".